Exposición de debuxos de Fausto Isorna.
Comentarios: Esta exposición é un percorrido polo itinerario creativo do debuxante Fausto Isorna, creador do personaxe Golfiño
e director artístico da súa revista, á hora de concibir as ilustracións das portadas da publicación. A mostra recolle a forma na que nacían as cubertas mediante as fotos
dos elementos que deron esa primeira idea; os bosquexos a lapis; os orixinais pasados a tinta cos seus textos; e, finalmente, a portada tal e como saía á rúa.
A revista Golfiño publicou 89 números e esta coleccion de portadas representa até o momento un dos cumios creativos do autor. Cunha estrutura de gags dunha soa
viñeta, o chiste semanal de Golfiño dialoga cos elementos propios da publicación: a cabeceira, a mancheta de información, o sangrado do papel, facendo, en moitos
casos, experimentos metalingüísticos que se desenvolven con naturalidade.
De entre toda a colección, escollemos quince das cubertas máis significativas e que mellor explican o proceso creativo
do autor. A mostra complétase cunha selección das pin-ups de Golfiño, que animaban as páxinas do correo do lector, e coas cubertas feitas por outros debuxantes da revista.
Horario: Do xoves 22 de febreiro ao sábado 31 de marzo.
- Triptico Golfiño