Conforme nos imos facendo maiores a nosa capacidade de movemento vaise reducindo, co que se atrofia a musculatura, pérdese flexibilidade e a mobilidade nas articulación. Pero coa realización de sesións ben estruturadas, pódese recuperar a mobilidade das nosas articulacións, a flexibilidade, o ton muscular e forza, a coordinación de movementos, etc. Todo iso con paciencia, motivación e autoestima cara á mellora da calidade de vida.
OBXECTIVOS
*Mellorar o sistema circulatorio e cardiovascular, a autoestima e a convivencia lúdica.
*Potenciar a mobilidade articular e a elasticidade muscular.
CONTIDOS
Co traballo proposto nas sesións, tratarase de partir dunha postura correcta anatomicamente, para a realización dos exercicios e en moitos casos, para buscar a relaxación, a pausa e a respiración correcta.
Ademais da parte de actividade de intensidade baixa ou moderada, tamén se dará importancia á relaxación, como manantial de enerxía de acougo e saúde que fortalecerá o carácter, sosegará o ánimo ao mesmo tempo que axuda a soportar, atenuar e previr moitas das doenzas e trastornos físicos e emocionais.
Comentarios:
Ximnasia Senior
Martes e xoves de 10.00 a 11.00 h
42€ trimestre
Lugar: Sala de usos múltiples