De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Dinamización: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Luns e xoves de 9:00 a 11:30 horas por orde de chegada, repártense os números ao entrar, de 12:00 a 14:30 horas con cita previa.

Venres só con cita previa.
Petición de citas a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465 ou coas propias traballadoras sociais.

TRABALLANDO A MEMORIA

O Ensanche

Co paso dos anos as capacidades físicas e cognitivas vanse deteriorando pouco a pouco, cun adestramento axeitado destas capacidades pódese diminuír os efectos propios do paso do tempo.
Manterse cunha boa saúde física, social e mental é imprescindible para un envellecemento activo e manter a autonomía persoal.

No principio de curso facilitarase un caderno de actividades de apoio as sesións presenciais. Tratarase de aumentar capacidades coma a atención e a lóxica, as cales son moi importantes na recuperación e potenciación da memoria .

A proposta de exercicios apropiados, precisos e adsequibles permiten restaurar a memoria volvendo a aprender a utilizar, a manter e a desenvolver seu potencial cerebral. Do que se trata é de frear a perda da memoria que se vai producindo co paso do tempo.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  • O obradoiro está pensado para persoas maiores de 60 anos coas capacidades cognitivas cun deterioro leve con independencia do nivel de estudos que teña. Quen, polo seu deterioro cognitivo, teña unhas necesidades especiais deberá buscar un servizo axeitado e especializado.
  • O participante DEBE asistir a clase e ser puntual. O centro pode dar de baixa a un alumno que non asista a clase sen avisar das ausencias.
  • Comentarios:

    Obradoiro de memoria
    Mércores de 10.00 a 10.50 h (grupo 1)
    Mércores de 11.00 a 11.50 h (grupo 2)
    24€/trimestre

    Podes descargarte o cuadernillo co que traballan no curso por se queres ir activando a tua memoria na casa!

    Lugar: Sala de xuntanzas

    - CUADERNILLO DE MEMORIA


    « Actividades


    © 2005, Centros socioculturais de Santiago
    Portada | Concello de Santiago         Contacto