Comentarios: ACTIVIDADES TRIMESTRAIS. O xogo presenciado e dirixido permiten unha mellora na atención, percepción e desenvolvemento do neno, coa finalidade de garantir o dereito ao xogo
MARTES
Xogo presenciado de 17.30 a 20.30. Actividade supervisada.
MÉRCORES
- Xogo dirixido de 17.30 a 20.30 h. Xogos e actividades cunha finalidade concreta.
- Xogos predeportivos 1º Mércores do mes de 18:30 a 19:30. Actividade pensada para potenciar o interese do neno polos deportes.
XOVES
- Xogo presenciado de 17:30 a 20.30. Actividade supervisada.
- Actividades lectoescritura de 19:00 a 20:00. Fomentamos a lectura mediante xogos e dinámicas.
VENRES
- Xogo presenciado de 17:30 a 20.30. Actividade supervisada.
- Expresión corporal, cancións e danzas do mundo de 19:30 a 20:30. Tentamos desenvolver unha conducta motriz con finalidade expresiva, comunicativa e estética, co corpo e o movemento como instrumentos básicos.
SÁBADOS
- EXPERIMENTA: "Aprender facendo". Obradoiros, saídas e xogos de 11:15 a 13:15. Unha opción entretida para os sábados pola mañá. Consulta programación específica.
- Xogo dirixido de 17:30 a 20:30. Xogos e actividades dirixidas.
- Cine infantil e xuvenil a partir das 18:30. Disfruta vendo as túas pelis preferidas.
ÉRASE UNHA...AULA DE CONTO. Temática transversal, coa que traballaremos ao longo do ano, atendendo aos valores educativos do conto.
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
O 16 de outubro realizaremos unha dinámica de animación a lectura adicada ao "Día mundial da alimentación". Participa a partir das 18:00.
SEMANA DO SAMAÍN
Do 26 ao 30 de outubro, celebramos o samaín. Dinámicas, manualidades…., a partir das 18:30.
UNHA MERENDA DE NENOS
O sábado 30 de outubro convidamoste a participar xunto cos teus pais, avós…. Na elaboración e degustación dunha merenda de Samaín. A partir das 18:00.
10 DE DECEMBRO
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. Os días 9, 10 e 11 de decembro a partir das 18:00h. Traballaremos a temática mediante dinámicas e actividades.
NADAL
Durante todo o mes de decembro traballaremos nos adornos do centro, na elaboración do belén e no xa tradicional concurso de postais. Ademais de contar outro ano máis coa figura tradicional galega " O Apalpador".
AS ACTIVIDADES PUNTUAIS SERÁN ANUNCIADAS NA AULA
« Actividades