De todo para todos

Enderezo

Fontiñas
Rúa Berlín, 13
Teléfono: 981 528 750
Fax: 981 528 745
Contactar

Horario: Administración: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Dinamización: Martes a venres de 17:00 a 21:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
Unidade de Traballo Social: Martes e venres.
Pedir cita no 981542465
Horario de atención
ao público no centro:

Luns a venres
de 09.00 a 14.00 e de martes a venres 17.00 a 21.00 h
Sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

COMPOSTELA CINE CLASSICS 12

Fontiñas

As películas que todo aspirante a cinéfilo debería ver, seguidas dun "café con cine" moi especial. Acompañarannos grandes expertos nos coloquios posproxección, nun ambiente distendido no que poder desfrutar do pracer do cine e do pracer da compaña.

Comentarios:
23 / MARZO (anos 20): O acorazado Potemkin (Serguéi M. Eisenstein, 1925), 77 min. Café con cine acompañados polo prof. Ángel Luis Hueso Montón (Catedrático de Historia da Arte, Historia do Cine. USC) Onde? CSC das Fontiñas.

30 / MARZO (anos 30): A Dilixencia (John Ford, 1939), 99 min. Café con cine acompañados por Moncho Lemos (crítico de cine. TVG e Radio Galega) Onde? CSCXM O Ensanche.

13 / ABRIL (anos 40): O Falcón Maltés (John Huston, 1941), 100 min. Café con cine acompañados por Camilo Franco (crítico de cine e cronista cultural. La Voz de Galicia e outros medios) Onde? CSC das Fontiñas.

20 / ABRIL (anos 50): O Crepúsculo dos Deuses (Billy Wilder, 1950), 110 min. Café con cine acompañados pola profª Patricia Fra López (Profesora Titular, experta en literatura e cine. USC) Onde? CSCXM O Ensanche.

27 / ABRIL (anos 60): West Side Story (Robert Wise e Jerome Robbins, 1961), 151 min. Café con cine acompañados por Patricia Álvarez Caldas (blogueira e experta en musicais) Onde? CSC das Fontiñas.

04 / MAIO (anos 70) : A Cruz de Ferro (Sam Peckinpah, 1977), 119 min. Café con cine acompañados por José Luis Losa (director de Cineuropa) Onde? CSCXM O Ensanche.

11 / MAIO (anos 80): A Cor Púrpura (Steven Spielberg, 1985), 145 min. Café con cine acompañados por Claudio Pan (presentador de Cultura 10, TVG. Colaborador en medios) Onde? CSC das Fontiñas.

18 / MAIO (anos 90): The Matrix (Andy Wachowski e Lana Wachowski, 1999), 131 min. Café con cine acompañados por Alejandra Juno (escritora, xornalista e colaboradora en medios. Investigadora na Duke University) Onde? CSCXM O Ensanche.

25 / MAIO (anos 2000): Gran Torino (Clint Eastwood, 2008), 116 min. Café con cine acompañados por Ángel de la Cruz (guionista, gañador de 3 premios Goya. Goya 2012 por "Arrugas") Onde? CSC das Fontiñas.

01 / XUÑO (clásico español): Os Santos Inocentes (Mario Camus, 1984), 105 min. Café con cine acompañados por Alejandro Macías (xornalista e presentador de TV) Onde? CSCXM O Ensanche.

NOTA: CSC das Fontiñas (Rúa Berlín, 13) / CSCXM O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16)

Horario: Venres ás 20.00 (Entrada de balde ata completar aforo)

Lugar: Sala de xuntas, obradoiros, aula de xogo e biblioteca



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto