De todo para todos

Enderezo

Vidán
Rúa da Ponte Vella, s/n (Casona de Fuentes)
Teléfono: 981 531 466
www.santiagosociocultural.org

Horario: Luns e martes de 17.00 a 20.00h
Xoves de 16.00 a 21.00h
Sábado de 10.00 a 13.00h
Contacto: Máis información polas tardes nos teléfonos: 981531466// 699547105// 619870413

CURSO DE PLANTAS MEDICINAIS

Vidán

Curso impartido pola diplomada en fitoterapia e aromaterapia Carme Picallo.

OBXECTIVOS

  • Coñecer e recoñecer as plantas mediciñais e autóctonas
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos teórico-prácticos precisos para a recolección, secado, conservación e uso das plantas medicinais
  • Aprezar e valorar os recursos e a cultura autóctonos
CONTIDOS
  1. Introducción á Fitoterapia. Breve historia
  2. Partes utilizadas das plantas: raíz, tallo, follas, flores e froitos
  3. Recolección, secado e conservación das plantas medicinais
  4. Estudo de 30 plantas medicinais: 18 silvestres autóctonas, 12 que se poden cultivar no noso clima, planta sorpresa
  5. Métodos de aplicación e técnicas de preparación: infusión, apósito, tintura, crerna, decocción, maceración, aceite
  6. Da planta ao remedio. Preparación práctica de infusións, maceración, tinta, apósito, aceites e cremas
  7. Plantas asociadas. Plantas medicinais segundo as propiedades
  8. Plantas para curar as plantas

ACTIVIDADES
  • Saída ao campo para recoñecemento e recolección de plantas
  • Elaboración de herbario (con plantas recollidas nas saídas pola localidade)
  • Recoller, no lugar onde viven, a cultura ou os remedios que hai sobre plantas medicinais e facer un informe
  • Se o tempo o permite e a estación é a axeitada poderán realizarse as prepacacións seguintes: licor de herba-luísa, alcol de romeu, aceite de caléndula, tintura de caléndula, aceite de hiperico, aceite de lavanda, arrope de sabugueiro, champán de sabugueiro, auga da raíña de Hungría, puríns de estruga, etc...

Comentarios:

Prazo de inscrición: Dende 20 de marzo até cubrir prazas
Datas: 14, 21 e 28 abril, 19 e 26 maio, 2 e 30 de xuño e 7 de xullo
Prezo: 46 euros, inclúe material
25 prazas


Horario: Sábados de 10:00 a 12:30h

- folleto cara a plantas medicinais
- folleto cara b plantas medicinais


« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto