De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Dinamización: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Luns e xoves de 9:00 a 11:30 horas por orde de chegada, repártense os números ao entrar, de 12:00 a 14:30 horas con cita previa.

Venres só con cita previa.
Petición de citas a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465 ou coas propias traballadoras sociais.

Ioga

ioga

O Ensanche

A finalidade desta disciplina é axudarnos a manternos sans, atopar a felicidade tanto a nivel físico coma mental e espiritual e que nos poidamos sentir realizados.

Traballa o corpo físico, as glándulas endocrinas, os órganos internos á vez que busca contactar a mente inconsciente coa consciente e nos permite observar nosos patróns mentais.

Unha clase de ioga é unha sucesión de exercicios. Para realizar un, adoptamos unha postura. Ás veces a esta postura incorporámoslle movemento. Regulamos a respiración e poñemos a atención dos ollos nun punto determinado. E entramos nun estado meditativo, de introspección. A veces incluso repetimos un mantra ou facemos un xesto coas mans. Con tantas cousas que hai que controlar como non vai a parar a nosa mente! Despois dun exercicio hai unha corta relaxación e seguidamente se pasa ao seguinte.

Co ioga estiramos o noso corpo e, cando máis tenso e ríxido está un, é cando mais conveniente é. Rexuvenece nosas células ao aportarnos máis oxíxeno. Tamén rexuvenece noso cerebro facendo que o seu rendemento sexa máis alto. Reduce o estres ao manter os niveis de cortisol a raia. Nos calma e serena, permitíndonos descansar. Dános enerxía e vitalidade. Achéganos ao noso ser interno, descubrindo quen somos, que seremos e onde están as nosas limitacións.

Calquera persoa pode aproximarse ao Ioga, xa que posúe un tipo especial de técnica para cada tipo de personalidade e temperamento.

De pouco sirve explicar os beneficios do Ioga, descubre por ti mesmo que se sinte ao practicalo.

Comentarios:

Actividade con preinscrición

Prezo: adultos 51€, Sénior 43€/trimestre


Horario: martes e xoves de 09.00-10.00h

Lugar: Sala de usos múltiples



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto