O edificio dispón dunha superficie de 450 m2 edificados nunha área de 1.375 metros cadrados que acolle, ademais do centro, unha pista de baloncesto e un parque infantil. Ten aula de informática, aula de xogos, biblioteca con axuda ao estudo, punto cómic, hemeroteca e lectura en sala. Hai tamén unha sala de lectura, sala de maiores, sala de reunións e sala de usos múltiples con aforo para 87 persoas. O centro conta cun animador e un voluntario.
Instalacións
Aula de informática: horario de uso libre de 21:00 a 22:00.
Aula de xogo.
Biblioteca con prensa diaria e lectura en sala. Conta cun Punto Cómic para a lectura de banda deseñada e manga.
Servizos
Ofrece servizos de apoio escolar, cursos, excursións, cine, internet e exposicións.
Espazos
Aula de informática
Servizos: Consultar horario específico no propio centro para a dispoñibilidade de acceso á rede nos horarios sen cursos de formación.
Aula de xogos
Horario: Tardes de 18:00 a 20:00h.
Biblioteca
Servizos: Empréstito de libros desde o mes de abril.