De todo para todos

Enderezo

Ardagán de Arriba, 7
Contactar

Horario: Martes, 17.00-20.00h
Venres 16.00-20.00h
Sábado, 16.00- 20.00h

Documentos


Marrozos

O Local Sociocultural de Marrozos fica nunha zona elevada da parroquia desde onde se divisa todo o Val do río Santa Lucía, Montouto e Os Tilos enfronte e, ás súas costas, o Pico Sacro. Pola entrada a Ourense atopámonos con este centro nun contorno rural rodeado de lugares e aldeas, preto da vía do tren Santiago - Ourense
Instalacións
O LSC de Marrozos conta con dous andares, distribuidos en cafeteria, almacén para gardar o material, oficina para a asociación de veciños, sala de lectura, aula de obradoiros, salón de usos múltiples e aula de informatica.
Persoal
Un dinamizador de actividades
Servizos
-Lectura de xornais
-Aula de xogos
-Actividades para maiores, adultos e cativos
-Aula de informática

 

Espazos

Área de uso expositivo
Servizos: Espazo para acoller mostras expositivas.


Aula de informática
Horario: De mércores a venres de 17.00 a 21.00 h, sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
Servizos: Espazo con 8 terminais, gratuíto e libre para a utilización de terminais informáticos con conexión a internet.
O horario de utilización libre estará condicionado ós cursos que se imparten na aula
Espazo de xogo
Servizos: Xogos de mesa:utilización do xogos de mesa en horario de apertura do centro (baralla, parchís, dominó,...)
Xogos:Utilización de xogos e xoguetes.
Espazo do maior
Servizos: Dende o LSC de Marrozos poñemos a disposición dos maiores un espazo onde desenvolver unha serie de servizos e actividades de acordo coas necesidades propias da súa idade (xogos de mesa, informática, memoria...)
Espazo para a lectura
Servizos: Utilización deste espazo para o estudo en horario de apertura do centro.
- Lectura de xornais diarios.
Sala de obradoiros
Servizos: Espazo destinado á realización de diversos obradoiros, como manualidades, debuxo e pintura ...

Asociacións

Asociación Cultural Pena Maior
Comision de Festas
Francisco García Beiro

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto