De todo para todos

Enderezo

Ponte do Sar, 43 baixo (esquina rúa Diego Bernal)
Teléfono: 981543007

Horario: Mércores de 16.00h a 21.30h
Xoves de 16.00h a 21.30h
Venres de 16.00h a 20.00h
Contacto: Para máis información poden chamar a estos teléfono en horario de tarde:
699547105
619870413

Sar

Moderno espazo onde a veciñanza pode dispór de servizos vencellados á participación cidadá e ás actividades de lecer.
Instalacións
Na planta baixa hai unha recepción e servizo de información, aula de informática, salón de usos múltiples e aula de obradoiros. Na entreplanta hai unha zona de uso asociativo.

O local sociocultural é un punto de información para os veciños, nel atopará información actualizada sobre os diversos servizos e prestacións municipais e das entidades do barrio. E tamén un lugar de encontro para o desenvolvemento de actividades diversas programadas. Hai unha zona de información e consulta de programas, información das diversas ofertas socioculturais e de interese veciñal no barrio de Sar.

Dispón de aula informática onde a asociación de veciños do Sar organiza cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos. Ofrécese tamén acceso individualizado a internet, previa petición e tempo limitado.

A aula de usos múltiples está dispoñible para a realización de talleres, exposicións de pequeno formato, xuntanzas de entidades, conferencias,
encontros e foros. A aula de obradoiros está dispoñible para a realización de actividades de estudo, talleres, lectura, xogos de mesa...

 

Espazos

Aula aberta de xogos e lectura
Aula de informática
Servizos: Espazo libre para a utilización de terminais informáticos con conexión a internet.

Asociacións

Asociación do Sar

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto