De todo para todos

Enderezo

Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo. 15705

Horario: O horario de apertura está suxeito ao horario de realización das actividades.

Vista Alegre

O local social Antón Fraguas dispón de sala de usos múltiples, área de televisión e aula de informática dotada con dez equipos. Ofrece servizos de información, acceso gratuíto a internet, cursiños de informática e de ximnasia de mantemento e un punto de encontro para os maiores cun baile que se organiza os domingos.

A biblioteca sitúase nun edificio próximo: Biblioteca da asociación de veciños Álvaro Cunqueiro. Rúa Santa Uxía de Ribeira, 12, baixo. O seu horario de apertura é de luns a venres, de 17:00 a 21:00 horas. A biblioteca dispón dunha sala de usos múltiples. Ofrecen clase de apoio escolar, empréstimo en sala e a domicilio, obradoiros de manualidades, xogos cooperativos e proxeccións de películas infantís e xuvenís. Tamén organizan actividades puntuais como festas de Nadal, Entroido ou San Xoán.
Servizos
O horario de atención da voluntaria é os martes a venres de 18.00h a 20.30h. Hai actividades de manualidades e axuda ó estudio organizadas pola dinamizadora do centro.

 

Asociacións

Asociación Álvaro Cunqueiro

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto