De todo para todos

Enderezo

A Muíña, 63 15707 Amio - San Lázaro
Teléfono: 981 560 318
Contactar

Horario: Martes a venres de 18.00 a 22.00 h.

Amio

O centro consta de tres andares. No primeiro atópase o salón de actos con escenario e cunha capacidade para 100 persoas. Dispón dun vestiario e dun almacén. Está equipado cun equipo de son, pantalla de proxección, vídeo e dvd. Nel realízanse actividades como actuacións de teatro, ensaios, bailes de salón, ensaios da coral (Coral Castrosúa), cine, representacións para os rapaces... Tamén hai unha sala de reunións con dúas grandes mesas e unha capacidade aproximada de 20 persoas. Está equipada cun televisor.

No segundo andar hai biblioteca, equipada con arredor de 2.000 exemplares entre libros e folletos e 18 postos de lectura. A súa maior función é como sala de reunións. Ten aula de xogo, que conta con televisor, vídeo, 45 xogos e 35 ludolibros e unha capacidade aproximada para 15 nenos. A aula de informática ten 10 ordenadores, impresora e fotocopiadora. Hai unha oficina con ordenador, impresora, escáner e gravadora; unha aula de usos múltiples onde se realiza ximnasia, ioga, aeróbic e ping-pong con capacidade aproximada para 40 persoas.

No terceiro andar hai unha sala de obradoiros, equipada con cinco tornos de barro, forno de barro e billa con capacidade máxima 20 persoas. Realízanse manualidades de adultos e de nenos, restauración de mobles... Dispón de sala de Scalextric, equipada polo clube a Muiña Slot, que consta de 6 pistas y una de velocidad.

 

Espazos

Aula de informática
Horario: Martes a venres, 18:00 a 21:00h
Aula de xogos
Horario: Lun a venres de 18:00 a 20:30 h
Biblioteca
Servizos: Empréstito de libros. Renovación de fondos cada 15 días.

Clubes

A MUIÑA SLOT (AMS)

Asociacións

A. VV. Monte do Gozo
Club A Muíña Slot (Scalextric)

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto