Horario: Administración: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas Dinamización: Martes a venres de 17:00 a 21:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas Unidade de Traballo Social: Martes e venres.
Pedir cita no 981542465 Horario de atención
ao público no centro:
Luns a venres
de 09.00 a 14.00 e de martes a venres 17.00 a 21.00 h
Sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
As instalacións do centro sociocultural de Fontiñas teñen unha superficie de 2.700 metros cadrados distribuídos en cinco andares. Ten unha aula de informática concibida como un espazo gratuíto para a utilización libre e individual de terminais informáticos, con acceso e horario libre, onde se imparten cursos. Ten tamén unha biblioteca para o empréstito de libros, sala de estudo, lectura de xornais diarios, revistas de actualidade e intercambio de libros; unha biblioteca infantil; unha ludoteca con programas de xogos cooperativos, de desenvolvemento psicomotriz e socialización; un salón de actos con capacidade para 200 persoas e salas da terceira idade, de obradoiros e de exposicións. Organiza os certames literarios "José Saramago" (prosa) e "Aurelio Aguirre" (poesía).
Persoal
O persoal encargado de todas estas instalacións son un director do centro sociocultural, un animador sociocultural, dous uxieres, dúas traballadoras sociais. Dispón tamén dun responsable da biblioteca, dun responsable da aula de informática, dous encargados da aula de xogo ou ludoteca e da biblioteca infantil e unha persoa encargada da administración.
Servizos
Dispón dunha aula de informática concibida como un espazo gratuíto para a utilización libre e individual de terminais informáticos, acceso e horario libre, cursos para nenos a partir de 6 anos, cursos de informática para adultos e cursos de informática para a terceira idade. Ten 20 terminais informáticos.
Ten un servizo de biblioteca, con empréstito de libros e apoio ao estudo, e unha ludoteca con xogos de desenvolvemento psicomotriz, socialización e cooperativos.
Unidade de Traballo Social. Atención: martes e venres de 9.00 a 14.00 h, con previa cita no 981542465.
Reciclaxe de aceite usado, en colaboración plataforma polo emprego. Horario de martes a venres de 9:00 a 10:00h y de 16:00 a 17:00h.
Información xeral das actividades de Rede de Centros.
Actividades de diferentes Colectivos sen ánimo de lucro.
Préstamo de salas para Colectivos sen ánimo de lucro.
Avisos
Novidades 2013 no CSC das Fontiñas
Novas e interesantes actividades para este ano 2013 no Centro Sociocultural das Fontiñas. Conversas con café en Inglés os xoves de 12:30 a 13:30 h e de 19:30 a 20:30 h para mozos e adultos, A biblioteca imaxinaria (Teatro Buratini) os martes de febreiro e marzo ás 18:30 para nenos/as a partir de 7 anos, Programa Horticultura Urbana e un Curso sobre a cultura e o idioma Alemán os mércores de 19:30 a 21:00 h para mozos, adultos e maiores, son só un avance do que nos espera neste 2013, apúntate. Información conversas en inglés Información A biblioteca imaxinaria
*NOVOS Monográficos de informática para nenos/as [maio/xuño]
O próximo 1 de abril ábrese o período de inscrición para os seguintes monográficos que se impartirán durante os meses de maio e xuño:
-FACEMOS UN CONTO (nenos/ de 5 a 7 anos): venres de 18:00 a 19:00 h. Prezo: 14 €/6 h
-CREAMOS UN XORNAL INTERACTIVO (nenos/ de 8 a 12 anos): venres de 19:00 a 20:00 h. Prezo: 14 €/6 h
Espazos
Biblioteca
Horario: De martes a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.45 h
*Luns 10.00 a 14.00 h sólo lectura de xornais (non funciona o servizo de biblioteca) Servizos:Máis información Recursos: Rede WIFI de acceso público
Club de lectura virtual na web: http://clubdelecturavirtual.blogspot.com.es/
Aula de xogo
Horario: AULA DE XOGO de martes a venres de 17:00 a 20:30 h. Sábados de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h Servizos:Actividades específicas
Aula de informática
Horario: Horas de utilización libre:
Martes, xoves e venres de 13:00 a 13:55 h e de 17:05 a 18:00 e 20:00 a 20:55 h. Instalacións: Aula con 20 terminais informáticos
Espazo gratuíto para utilización libre e individual. Servizos:Actividades específicas
Espazo de encontro dos maiores
Horario: De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:45h.
Sala exposicións
Horario: Martes a sábado: 10.00 a 14.00 h e 17.00 a 21.00 h.
Do 6 de marzo ao 3 de abril. Servizos: "Miradas" Down Compostela.
Exposición fotográfica.