De todo para todos

Enderezo

Rúa Berlín, 13
Teléfono: 981 528 750
Fax: 981 528 745
Contactar

Horario: Administración: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Dinamización: Martes a venres de 17:00 a 21:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
Unidade de Traballo Social: Martes e venres.
Pedir cita no 981542465
Horario de atención
ao público no centro:

Luns a venres
de 09.00 a 14.00 e de martes a venres 17.00 a 21.00 h
Sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Ligazóns

Documentos


Fontiñas

As instalacións do centro sociocultural de Fontiñas teñen unha superficie de 2.700 metros cadrados distribuídos en cinco andares. Ten unha aula de informática concibida como un espazo gratuíto para a utilización libre e individual de terminais informáticos, con acceso e horario libre, onde se imparten cursos. Ten tamén unha biblioteca para o empréstito de libros, sala de estudo, lectura de xornais diarios, revistas de actualidade e intercambio de libros; unha biblioteca infantil; unha ludoteca con programas de xogos cooperativos, de desenvolvemento psicomotriz e socialización; un salón de actos con capacidade para 200 persoas e salas da terceira idade, de obradoiros e de exposicións. Organiza os certames literarios "José Saramago" (prosa) e "Aurelio Aguirre" (poesía).
Persoal
O persoal encargado de todas estas instalacións son un director do centro sociocultural, un animador sociocultural, dous uxieres, dúas traballadoras sociais. Dispón tamén dun responsable da biblioteca, dun responsable da aula de informática, dous encargados da aula de xogo ou ludoteca e da biblioteca infantil e unha persoa encargada da administración.
Servizos
Dispón dunha aula de informática concibida como un espazo gratuíto para a utilización libre e individual de terminais informáticos, acceso e horario libre, cursos para nenos a partir de 6 anos, cursos de informática para adultos e cursos de informática para a terceira idade. Ten 20 terminais informáticos.

Ten un servizo de biblioteca, con empréstito de libros e apoio ao estudo, e unha ludoteca con xogos de desenvolvemento psicomotriz, socialización e cooperativos.

Unidade de Traballo Social. Atención: martes e venres de 9.00 a 14.00 h, con previa cita no 981542465.

Reciclaxe de aceite usado, en colaboración plataforma polo emprego. Horario de martes a venres de 9:00 a 10:00h y de 16:00 a 17:00h.

Información xeral das actividades de Rede de Centros.

Actividades de diferentes Colectivos sen ánimo de lucro.

Préstamo de salas para Colectivos sen ánimo de lucro.

 

Espazos

Biblioteca
Horario: De martes a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.45 h
*Luns 10.00 a 14.00 h sólo lectura de xornais (non funciona o servizo de biblioteca)
Servizos: Máis información
Recursos: Rede WIFI de acceso público
Aula de xogo
Horario: AULA DE XOGO
de martes a venres de 17:00 a 20:30 h. Sábados de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h
AULA DE XOGO INFANTIL
Nenos de 0 a 6 anos: De martes a venres de 17:00 a 18:30 h.
Nenos a partir de 7 anos: De martes a venres de 18:30 a 20:30 h.
Aula de informática
Horario: Horas de utilización libre:
Mañás: Mércores, xoves e venres de 12.35 a 13.55 h
Tardes: Mércores, xoves de 17.05 a 17.55 e 19.35 a 20.55 h
Venres de 17.05 a 17.55 e 20.05 a 20.55 h
Instalacións: Aula con 20 terminais informáticos
Espazo gratuíto para utilización libre e individual.
Servizos: Máis información
Espazo de encontro dos maiores
Horario: De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:45h.
Sala exposicións
Horario: Martes a sábado: 10.00 a 14.00 h e 17.00 a 21.00 h.

Clubes

Clube de lectura
Clube de xadrez
Espazo dos maiores

Asociacións

Asociación de Veciños O Camiño das Fontiñas
Asociación de Veciños "As Fontes"
Asociación Cultural da Saúde Natural "Assana"
Asociación Escola de Artes Olimpo
Asociación Rancho de Cabezudos
Asociación de Artrites
Asociación Alfaia
Asociación Bonaval
Asociación musical Alfaia
Asociación musical Solfa
ASBIGA - Asociación Bipolares Galicia -
Asociación Itinera

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto