De todo para todos

Enderezo

Corredoira das Fraguas, 92
Teléfono: 981 543 191
Fax: 981 543 192
Contactar

Horario: Luns a venres de 09:00 a 14:00 h
Martes a venres 17:00 a 21:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h

Ligazóns

Documentos


A Trisca

Moderno edificio deseñado polos arquitectos John Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Inaugurado en maio do ano 2003, estructúrase en tres andares, un soto e unha terraza. Ten 675,2 metros cadrados de superficie.
Instalacións
No mesmo barrio de San Pedro, o Concello de Santiago ten outro espazo sociocultural, na rúa das Fraguas 37, onde desenvolven as súas actividades habituais entidades como a asociación de veciños A Xuntanza e outras que así o soliciten.
Persoal
O centro está dirixido por un técnico municipal e no equipo de dinamización hai dous animadores socioculturais, unha auxiliar administrativa e dous uxieres. Ademais colaboran no equipamento dinamizadores voluntarios encargados de apoiar os traballos directos coa infancia, mocidade e terceira idade.
Servizos
Ofrece información sobre actividades municipais e programa sociocultural do centro, atención individualizada do departamento de servizos sociais, lugares para o encontro (xogos de mesa, lectura individualizada de prensa e revistas), unha aula de xogo infantil, espazos para xente maior e xente nova cun servizo de mediación sociocultural para usuarios entre os 15 e os 35 anos e información básica en temas de interese xuvenil (cultura, ocio, saúde, música). Hai tamén espazos para exposicións de pequeno formato, para xuntanzas e actividades solicitadas por entidades de iniciativa social e actividades mensuais de ocio e formación como saídas, talleres, charlas, exposicións. Pódese consultar internet previa petición. A terraza utilízase para acoller actividades como exhibicións de danza, tertulias literarias e talleres fotográficos, entre outras.
Recursos
O centro dispón de televisión, dvd, canón de proxección, pantalla e cadea de música.

 

Espazos

Espazo de encontro e senior
Horario: Sábados pola tarde (excepto o último de mes)
Aula de xogo infantil
Horario: De martes a sábado de 18:00 a 20:00 h
Servizos: Obradoiros da aula de xogo para nenos/as de 4 a 10 anos. Consultar programación específica.
Punto informático
Servizos: Punto informático con acceso a internet para consultas en horario de apertura do centro.
Monográficos de iniciación a informática.

Clubes

Clube de maiores

Asociacións

Asociacion Galega de Deseñadores - DAG
Asociacion pro lactancia materna Mamoa
Clube Compostelán de Astronomía "Vega"
Coral A Xuntanza
Histeria Teatro

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto