O centro sociocultural de Villestro iniciou a súa andaina no último trimestre de 2005. A súa programación está aberta ás suxestións dos veciños e veciñas. Deste xeito, o de Villestro aspira a converterse nun centro activo e participativo, próximo ás preferencias e intereses dos diferentes colectivos e franxas de idade.
Instalacións
Biblioteca a disposición dos usuarios durante o horario de apertura do centro. Entre os seus servizos figuran programas de axuda ao estudo e a consulta de fondos catalogados.
Aula de informática. Aberta de martes a venres de 17:00 a 21:00 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Utilización libre,excepto no horario ocupado polos cursos ( consultar horarios dos cursos ).
Dispón asemade de salas habilitadas especialmente para o desenvolvemento de xuntanzas e obradoiros.
Servizos
O centro dispón de varios espazos abertos. Estes poden ser empregados, previa solicitude, polos distintos colectivos. Ademais acollerán as xuntanzas e actividades específicas das asociacións do barrio.
O centro dispón dunha ludoteca, adicada a xogos e actividades lúdico-formativas.
Espazos
Aula de informática
Horario: Mércores de 19 a 21 e sábado de 10 a 14 e de 19 a 21 Servizos: Aula de informática equipada con 10 terminais informáticos con conexión a internet. Entrada libre e gratuíta, respetando as normas de uso da aula asi como os horarios dos cursos.
Aula de xogo
Servizos:
- Espazo de uso libre no horario de apertura do centro.
- Xogos de mesa.
- Expresión pictórica.
- Xogos de interior.
- Obradoiros (barro, material de refugallo...)
Biblioteca
Servizos:
- Utilización deste espazo para o estudo en horario de apertura do centro.
- Lectura de xornais
- Animación á lectura.