De todo para todos

Enderezo

Antonio Rama Seoane nº6 15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981543017
Fax: 981543018
cssantamarta@santiagodecompostela.org

Horario: De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

Documentos


Santa Marta

O Centro Sociocultural de Santa Marta é un equipamento municipal de proximidade pertencente á Rede Municipal de Centros Sociocuturais de Santiago de Compostela. Un Centro de barrio proxectado a toda a cidade, para os veciños e veciñas de Santa Marta e para todos aqueles que queiran formar parte dunha programación sociocultural extensa e variada; sendo ao mesmo tempo un referente de cidade no eido das artes escénicas, da creación de públicos e da pedagoxía teatral.

Sitúase moi próximo ao núcleo antigo de Santa Marta, barrio en crecemento, e está localizado nunha área na que se atopa a actual gardería, o antigo centro social e os espazos públicos e verdes do barrio.
Instalacións
O Centro distribúe os 1.368,47m2 de superficie útil, nun soto e dous andares. No primeiro andar atopamos a recepción, a zona administrativa, a sala Agustín Magán, a aula de novas tecnoloxías, a aula de xogo, patio interior, zona expositiva e un espazo común. E no segundo andar, a Biblioteca "José Saramago", salas de uso polivalente, sala de reunións e unha terraza.
Persoal
O Centro Sociocultural de Santa Marta dispón de persoal encargado de todos os servizos que ofrece. Un responsable do Centro Sociocultural, un animador sociocultural, un informático, dúas encargadas da aula de xogo, unha encargada da biblioteca, unha auxiliar administrativa e dúas uxieres.
Servizos
- Atención e información ao público. Información e orientación á cidadanía sobre servizos e actividades do Centro, da Rede Municipal de Centros Socioculturais e doutras áreas municipais.

- Sala Agustín Magán. Espazo adicado a actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos.

- Biblioteca "José Saramago". Ofrece servizos de información e referencia bibliográfica, préstamo e servizo de reserva, conexión á rede sen fíos, lectura en sala, formación de usuarios. Contará cunha programación de actividades fixas anuais e outras específicas de carácter cultural en torno ao libro e a animación á lectura.

- Aula de xogo. Espazo onde se realizan actividades lúdicas, de xogos e xoguetes, co fin de estimular o desenvolvemento físico e mental e a solidariedade con outras persoas.

- Aula de novas tecnoloxías. Espazo que se centrara nos procesos de comunicación e que se agrupan en tres áreas: a informática, o vídeo e a telecomunicación, con interrelacións e desenvolvementos a máis dunha área.

- Zona expositiva. Inicialmente compartida coa zona común e situada no vestíbulo do Centro.

- Espazo común. Espazo de encontro de 64m2 compartido coa zona expositiva do Centro.

- Sala de reunións. Espazo equipado e preparado para xuntanzas.

- Zona wifi. Rede de acceso a internet sen fíos en zonas habilitadas do Centro.

Avisos

Exposición: "Esencia de muller" de Alberto Pedrido
Do 8 de marzo até o 8 de abril de 2017
Programa actividades xaneiro a marzo 2017
consulta aqui

 

Espazos

Aula de informática
Horario: De martes a sábados de 17.00 a 21.00
Instalacións: Dotada de 10 terminais informáticos.
Servizos: ofrece actividades de dinamización dixital así como monográficos e cursos relacionados coas TIC, e uso libre dos terminais
Aula de Xogo
Horario: De martes a venres de 17.00 a 20.30
Sábado de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30
Instalacións: A Aula de xogo do CSC Santa Marta ofrece un servizo de información, atención ao público, tramitación do carné de socio, préstamo en sala de xoguetes e xogo libre, tanto presencial como dirixido. Ten unha superficie de 114 m2, dúas entradas (unha delas directamente dende o exterior), con baños adaptados por idades.
Conta con distintos espazos: manualidades, xogos , lectura e xardín.

SOLICITUDE DE CARNÉ DE SOCIO
Para ter acceso á aula é imprescindible o carné de socio da rede.
Persoal: Dúas responsables
Biblioteca
Horario: Martes a Venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00
Sábado de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
Contacto: bibliotecacsc@santiagodecompostela.org (especificando CSC de Sta Marta)
Instalacións: A biblioteca "José Saramago" de Santa Marta, pertence a Rede de bibliotecas municipais dos Centros Socioculturais, estas débenlle o nome ao Nobel, que doou o Premio "Arcebispo San Clemente" para invertir nunha biblioteca municipal dun barrio desfavorecido, que foi a do CSC de vite no 1992.
A súa vocación é de proximidade aos veciños do entorno do Centro, cumprindo unha función de primeiro acceso ao mundo cultural do libro para os usuarios.
Ofrece servizos de sala de estudo, información e referencia, consulta na sala, péstamo e servizo de reserva, acceso ao catálogo xeral da biblioteca, rede sen fíos (wifi), zonas diferenciadas de adultos e nenos, prensa e revistas, fondo local, seccións de banda deseñada (adultos e infantil).
Para poder facer uso da biblioteca é necesario ter carné de socio. Os trámites deste carné gratuíto son os seguintes:
- Cubrir a solicitude de carné
- Os menores de 16 anos necesitan autorización
- Dúas fotos tamaño carné
Servizos: Conta con 39 postos de lectura: 27 adultos e 12 nenos
Recursos: Espazo web. Catálogo na web e páxina da biblioteca.
www.opacmeiga.rbgalicia.org ( seleccionando a biblioteca de Santa Marta), con novidades da biblioteca, fondos de todas as bibliotecas da Rede de Centros Socioculturais e anuncios.
Sala Agustín Magán. Espazo multidisciplinar para artes escénicas, audiovisual, música, etc.
Instalacións: Situada na planta baixa do edificio, a sala Agustín Magán, conta con 230 metros cadrados e capacidade para 151 espectadores. Está dotada de camerinos e na parte superior de palco e salas de control técnico. O teatro ten o escenario a ras do chan e conta cun sistema de butacas retráctiles que permite transformar a sala nun espazo totalmente aberto.
Servizos: Teatro, música, cine, danza, conferencias, presentación de libros..., configuran unha oferta que se completa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo e outras entidades; fortalecendo a oferta cultural da Rede de Centros.

Asociacións

Alecría
Asociación de veciños "VEDESMA"

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto