De todo para todos

Enderezo

Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Dinamización: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Luns e xoves de 9:00 a 11:30 horas por orde de chegada, repártense os números ao entrar, de 12:00 a 14:30 horas con cita previa.

Venres só con cita previa.
Petición de citas a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465 ou coas propias traballadoras sociais.

Ligazóns

Documentos


O Ensanche

O centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche é un recurso que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía no ámbito de Compostela, integrando servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello, así como a Fundación Caixa Galicia e a Deputación da Coruña.

Co obxectivo de ser axente incentivador do lecer e dos proxectos cidadáns, poñemos a súa disposición un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural, nun espazo céntrico e confortabel.

Servizos
Rexistro auxiliar do Concello en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres.

Punto de acollida e información
Información e orientación á cidadanía sobre servizos e actividades do centro e doutras áreas municipais.

Área de novas tecnoloxías
Sevizo integrado de novas tecnoloxías para a consulta, a formación non regulada e traballo individual e de grupos que conta con 14 postos informáticos de uso libre.

Servizo de arte e cultura
Servizo de mediación e produción cultural que ofrece orientación, espazos e recursos a iniciativas innovadoras.

Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Espazo de promoción da lectura dedicado á literatura infantil e xuvenil. Conta cun servizo de préstamo dun amplo catálogo de fondos en galego.

Departamento de Xuventude
Área de información, asesoramente e dinamización da mocidade.

Orientación sobre emprego
A Oficina Municipal de Promoción Económica ofrece asesoramento e recursos para a inserción laboral e apoio a emprendedores e pequenos comerciantes.
O departamento de servizos sociais municipal tamén dispón dunha Unidade de intervención social no centro, ofrecendo servizos de información e xestión de recursos sociais, fomento da participación social e intervención no eido familiar, grupal e comunitario. Para cita previa chamar a 981 542 465
Rede Wifi de acceso público para 25 usuarios-as simultaneos.

Espazos disponibles para o desenvolvemento de propostas:
Zona expositiva
Area de novas tecnoloxias
Salón de usos múltiples con capacidade para setenta persoas
Sala de xuntanzas con capacidade para quince persoas

Recursos disponibles no centro:
Pantalla e proxector dvd

Persoal propio do departamento de centros socioculturais
Para o contacto e implementación de propostas socioculturais da rede municipal, coordinación de uso e xestión deste centro contase cunha técnica (dirección) e dous animadores socioculturais, dous responsables da aula de novas tecnoloxias, unha auxiliar administrativa e tres uxieres.

Avisos

COMPARSA DE ANTROIDO
A comparsa da Rede de Centros Socioculturais CONTO E FANTASÍA alzouse co 1º premio especial de barrios e parroquias e o 5º de carrozas no desfile do Concello de Santiago. Parabéns a todos os participantes
Podedes ver o reportaxe da TVG PREMENDO AQUÍ
ACTIVIDADES CURSO 2010/2011

Actividades con preinscrición:

Ximnasia terapéutica para maiores de 60 anos martes e xoves 10 a 11h (grupo I) 11 a 12h (grupo II)
Ioga martes e xoves 9-10h
Traballando a Memoria luns de 17 a 17.50h (grupo I) e 18 a 18.50h (grupo II)
Informatica básica para maiores de 60 anos, martes 11 a 12.30h
Informatica básica para adultos, venres 10.30-12.30h

As actividades de CLUB DE LECTURA e CLUB DE TEATRO poderanse incorporar novos participantes se hai vacantes, admítense solicitudes para lista de agarda.

CALENDARIO:
do 15 ao 22 setembro: Presentación de solicitudes
28 setembro: Publicación de listas provisionais
29 setembro: sorteo público de plazas se procede
30 setembro: publicación de listas definitivos de admitidos e apertura de novo prazo para cubrir vacantes se as houbese
Horario mes de setembro
ata o dia 10 de setembro
Luns a venres: 9.00 a 14.00h e 16.30 a 20.30h
Sábado: 10.15 a 13.15h e 17.15 a 20.45h

a partir do 11 de setembro
Luns a venres: 9.00 a 14.00h e 16.30 a 21.30h
Sábado: 10.15 a 14.00h e 17.15 a 20.45h

 

Espazos

Área de uso expositivo
Servizos: Espazo para acoller mostras expositivas.
Área WIFI
Servizos: Rede de acceso a Internet sen fíos para a conexión simultánea de ata 25 usuarios/as dende calquera lugar do edificio
Pantalla de exposición pública
Servizos: Espazo situado no corredor con posibilidade de proxectar audiovisuais ininterrompidamente
Sala de usos múltiples
Servizos: Espazo reservado para proxecións, exposicións audiovisuais, conferencias e outros eventos. Capacidade para 100 persoas.
Sala de xuntanzas
Servizos: Espazo de reunión con capacidade para 16 persoas.

Asociacións

Asociación Cultural Coro Santa Susana
Asociación de veciños RAIGAME
Asociación de mulleres progresistas pro-igualdade "Alba"
Asociación de veciños AQUALUME
Fundación Santiago Centro área comercial
Fundación Alfredo Brañas
Libraría KOMIC
Parroquia de San Fernando
C. San Xosé de Cluny
CEIP. Pío XII
CEMU Elemental Peleteiro
IES Rosalía de Castro

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto