Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001 Fax: 981543002 Contactar
Horario: Dinamización: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.
Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.
Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Luns e xoves de 9:00 a 11:30 horas por orde de chegada, repártense os números ao entrar, de 12:00 a 14:30 horas con cita previa.
Venres só con cita previa.
Petición de citas a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465 ou coas propias traballadoras sociais.
O centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche é un recurso que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía no ámbito de Compostela, integrando servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello, así como a Fundación Caixa Galicia e a Deputación da Coruña.
Co obxectivo de ser axente incentivador do lecer e dos proxectos cidadáns, poñemos a súa disposición un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural, nun espazo céntrico e confortabel.
Rexistro auxiliar do Concello en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres.
Punto de acollida e información
Información e orientación á cidadanía sobre servizos e actividades do centro e doutras áreas municipais.
Área de novas tecnoloxías
Sevizo integrado de novas tecnoloxías para a consulta, a formación non regulada e traballo individual e de grupos que conta con 14 postos informáticos de uso libre.
Servizo de arte e cultura
Servizo de mediación e produción cultural que ofrece orientación, espazos e recursos a iniciativas innovadoras.
Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Espazo de promoción da lectura dedicado á literatura infantil e xuvenil. Conta cun servizo de préstamo dun amplo catálogo de fondos en galego.
Departamento de Xuventude
Área de información, asesoramente e dinamización da mocidade.
O departamento de servizos sociais municipal tamén dispón dunha
Unidade de intervención social no centro, ofrecendo servizos de información e xestión de recursos sociais, fomento da participación social e intervención no eido familiar, grupal e comunitario. Para cita previa chamar a 981 542 465 Rede Wifi de acceso público para 25 usuarios-as simultaneos.
Espazos disponibles para o desenvolvemento de propostas:
Zona expositiva
Area de novas tecnoloxias
Salón de usos múltiples con capacidade para setenta persoas
Sala de xuntanzas con capacidade para quince persoas
Recursos disponibles no centro:
Pantalla e proxector dvd
Persoal propio do departamento de centros socioculturais
Para o contacto e implementación de propostas socioculturais da rede municipal, coordinación de uso e xestión deste centro contase cunha técnica (dirección) e dous animadores socioculturais, dous responsables da aula de novas tecnoloxias, unha auxiliar administrativa e tres uxieres.
Os cursos que se imparten están condicionados a unha normativa do centro na que se recolle que son requisitos indispensables a asistencia e puntualidade entre outros. Podes consultar a normativa premendo AQUI
Horario USO LIBRE Aula Informática e de ESTUDO
Consulta o novo horario de MAIO para o USO LIBRE da aula AQUI
Coñeces a ruta do Sarela?
O venres 31 de maio organizamos un xogo de pistas pola ribeira do rio sarela ao seu paso polo Carme pensado para nenos (acompañados) e adultos, onde disfrutarán da natureza o mesmo tempo que intentan acadar os retos plantexados no xogo. Valo perder?
informate aqui
Xogos Populares na Praza Roxa
Proximas datas: sabado 25 de maio e 8 de xuño a partir das 12.00h
Dia Nacional da Epilepsia
O venres 24 de maio é o dia nacional da Epilepsia e UGADE organiza neste centro un taller de actualización sobre a enfermidade que contará con varios profesionais do CHUS
mais información aqui
Espello deportivo no Ensanche
O mércores 29 de maio ás 18h, estará aqui Chano Rodriguez nadador paraolímpico dobre medalla de prata en 50 e 200m de estilo libre e bronce dos 100m libres en Londres 2012
mais información aqui
Espazos
Área de uso expositivo
Servizos: Espazo para acoller mostras expositivas.
Área WIFI
Servizos: Rede de acceso a Internet sen fíos para a conexión simultánea de ata 25 usuarios/as dende calquera lugar do edificio
Pantalla de exposición pública
Servizos: Espazo situado no corredor con posibilidade de proxectar audiovisuais ininterrompidamente
Sala de usos múltiples
Servizos: Espazo reservado para proxecións, exposicións audiovisuais, conferencias e outros eventos. Capacidade para 100 persoas.
Sala de xuntanzas
Servizos: Espazo de reunión con capacidade para 16 persoas.