De todo para todos De todo para todos

Enderezo

Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

Ligazóns

Documentos


O Ensanche

O centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche é un recurso que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía no ámbito de Compostela, integrando servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello, así como a Fundación de Abanca e a Deputación da Coruña.

Co obxectivo de ser axente incentivador do lecer e dos proxectos cidadáns, poñemos a súa disposición un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural, nun espazo céntrico e confortábel.

http://www.facebook.com/oensanche

Servizos
Rexistro auxiliar do Concello en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres.

Punto de acollida e información
Información e orientación á cidadanía sobre servizos e actividades do centro e doutras áreas municipais.

Área de novas tecnoloxías
Servizo integrado de novas tecnoloxías para a consulta, a formación non regulada e traballo individual que conta con 9 postos informáticos de uso libre.

Biblioteca A Fundación de Abanca
Espazo de promoción da lectura dedicado á literatura infantil e xuvenil. Conta cun servizo de préstamo dun amplo catálogo de fondos en galego.

Concellería de Xuventude
Área de información, asesoramento e dinamización da mocidade. Para actividades da Concellería de Xuventude: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

O departamento de servizos sociais municipal tamén dispón dunha Unidade de intervención social no centro, ofrecendo servizos de información e xestión de recursos sociais, fomento da participación social e intervención no eido familiar, grupal e comunitario. Para cita previa chamar a 981 542 465 ou na web http://citapreviass.santiagodecompostela.gal/

Rede Wifi de acceso público para 25 usuarios-as simultáneos.

Espazos dispoñibles para o desenvolvemento de propostas:
Zona expositiva
Area de novas tecnoloxías
Salón de usos múltiples con capacidade para setenta persoas
Sala de xuntanzas con capacidade para quince persoas

Recursos dispoñibles no centro:
Pantalla e proxector dvd

Persoal propio do departamento de centros socioculturais
Para o contacto e implementación de propostas socioculturais da rede municipal, coordinación de uso e xestión deste centro contase cunha animadora sociocultural (responsable do centro), unha responsable da aula de novas tecnoloxías, unha auxiliar administrativa e tres uxieres.

Avisos

Blog e facebook do centro
Para saber mais das actividades que facemos no centro podes entrar no blog: http://oensanche.wordpress.com/
Tamén podes seguirnos en Facebook en www.facebook.com/oensanche
Se queres recibir información por correo electronico periodicamente o programa de actividades, escribenos dicindo que queres suscribirte a csxoensanche@santiagodecompostela.gal

Obradoiro de costura express
sábado 18.00h. inscricións no centro ou no 981543001
13 xaneiro: aprendo a utilizar a máquina de coser
10 febreiro: cómo coser gomas. As costuras elásticas
10 marzo: cómo subir baixos
HORARIO AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS
Consulta PREMENDO AQUI o horario de aula de novas tecnoloxías.
A aula de estudo ten o mesmo horario que o uso libre
APEGO
Consultade as actividades de APEGO (0-6 anos) na sua web http://apego.santiagodecompostela.gal/, ou seguídeos no facebook:https://www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela.gal
Lembrade que as inscricións son en dlg@santiagodecompostela
CIRCUITOS SAUDABLES
Sábados 10.30 a 13.30h. Saída do csc
13 xaneiro: Camiño de Fisterra (fácil 14km)
10 febreiro: Camiño Portugués (fácil 12 km)
3 marzo: Sar, Paxonal, Belvís e Bonaval (fácil 10 km)
Inscricións no centro ou no 981543001
Sábados de baile express
sábados 18.00h
20 xaneiro: Baile Galego
17 febreiro: Salsa en liña
17 marzo: rumba e cha cha cha
Para todos os públicos. Inscricións no centro ou no 981543001
Actividades da aula de informática xaneiro a marzo 2018
Xa podes consultar PREMENDO AQUÍ as actividades deste trimestre da aula de informática do centro
ENTENDENDO A CIDADE xaneiro a marzo 2018
Xa podedes consultar as datas dos roteiros comentados e das charlas de memoria e historia.
As inscricións ábrense 15 dias antes do mes no que se realiza a actividade
preme aqui para ver as CHARLAS DE MEMORIA E HISTORIA

preme aqui para ver os ROTEIROS COMENTADOS
Andainas polos museos
Sábado 13 xaneiro 12.00h. Hostal dos reis católicos (1)
Sábado 27 xaneiro 12.00h. Museo do Pobo Galego (2)
Inscríbete no teu centro sociocultural ou chamando ao 981543001
Ver cartel
Xogos na Praza Roxa
Sábados ás 12.00h (en caso de choiva xogos no centro sociocultural)
20 xaneiro, 17 febreiro, 10 marzo
FORMACIÓN PARA YOUTUBEIROS INTENSOS
SÁBADO 27 XANEIRO 10.30 a 13.30 e 17.30 a 20.30h
Obradoiro gratuíto para maiores de 14 anos con competencias mínimas dixitais con coñecemento de informática e uso de dispositivos móbiles, onde aprenderán o proceso creativo para un video de youtube
Obradoiros de iniciación ao Ioga
Sábados 18.00h. Inscricións no centro ou no 981543001
27 xaneiro: Ioga Nidra
24 febreiro: Ioga Mental
24 marzo: Ioga na oficina

 

Espazos

Área de uso expositivo
Servizos: Espazo para acoller mostras expositivas.
Área WIFI
Servizos: Rede de acceso a Internet sen fíos para a conexión simultánea de ata 25 usuarios/as dende calquera lugar do edificio
Pantalla de exposición pública
Servizos: Espazo situado no corredor con posibilidade de proxectar audiovisuais ininterrompidamente
Sala de usos múltiples
Servizos: Espazo reservado para proxecións, exposicións audiovisuais, conferencias e outros eventos. Capacidade para 100 persoas.
Sala de xuntanzas
Servizos: Espazo de reunión con capacidade para 16 persoas.

Asociacións

Asociación de veciños RAIGAME
Asociación Cultural Coro Santa Susana
Asociación de mulleres progresistas pro-igualdade "Alba"
Fundación Santiago Centro área comercial
Fundación Alfredo Brañas
Libraría KOMIC
Parroquia de San Fernando
C. San Xosé de Cluny
CEIP. Pío XII
CEMU Elemental Peleteiro
IES Rosalía de Castro

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto