De todo para todos

Enderezo

Vite
Rúa de Carlos Maside, núm. 7
Teléfono: 981 54 24 90
Fax: 981 54 30 23

Horario: Atención ao público: De luns a venres 09:00 - 14:00
Dinamización: De martes a venres 17:00 - 21:00 Sábado 10:00 - 14:00 e 17:00 - 21:00

Asociación Galega pro-lactación materna MÁMOA

Vite

Mámoa é un grupo de nais que ofrecen axuda para a lactación natural. Creada no ano 2000, asesora e préstalle axuda ás nais no período de lactancia.
As mulleres asisten ás clases durante o embarazo para aprender técnicas, resolver as dúbidas que teñan sobre a crianza dos cativos e/ou a incorporación ao traballo. Realízase un seguimento personalizado coa posibilidade de asistencia a charlas pediátricas, biblioteca especializada, cursos de masaxes, exposicións... O colectivo editou folletos informativos sobre a lactancia e organiza actos conxuntamente con outras asociacións.

O leite materno é o alimento idóneo durante os primeiros anos de vida. O amamantamento favorece o asentamento dunha relación íntima de confianza, ademais de ser fonte de saúde para nai e fillo.

Xúntanse os luns de 11:00 - 13:00

Para máis información, contactar con:

Loli: 981 564881
Rosa: 981 942609



« Listaxe de clubes e asociacións


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto