A Asociación de Mulleres Progresistas "ALBA" é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en prol dos dereitos da muller. Creada en marzo de 1987, ten como finalidade o traballo constante nos dereitos de igualdade da muller na sociedade.
Dende o centro sociocultural do Ensanche, e en colaboración con outros organismos, ofrecen un servizo de información e asesoramento nos ámbitos psicolóxico, xurídico, social e psicopedagóxico a cargo de persoal cualificado; obradoiros formativos e de lecer; actividades no eido da cultura e das novas tecnoloxías, co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres.
Ofrece actividades puntuais como obradoiros de habilidades sociais, ioga, informática, pintura, cultura e lingua árabes e expresión corporal. Tamén realizan excursións ou visitas a museos e exposicións.
Colabora co Servicio Galego de Igualdade (SGI), e na actualidade conta con 300 socias.O horario de atención é de luns a venres de 16:30 a 19:30 horas.
Enderezo:
Xeneral Pardiñas, 10-16 Plta.1ª Porta 4 C.P.
15701 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 596 649
C.E. [email protected]